Instalacións e Servizos
VEN A VISITARNOSInstalacións
As Escolas Infantís Tranvía son entidades privadas de iniciativa social adscritas á Consellería de Benestar e Familia da Xunta de Galicia e como tal, reciben inspeccións periódicas onde se evalúan as instalacións e a calidade do servizo prestado os nenos/as.
Sitos no centro de Bueu, todos os nosos centros contan con espazos tanto interiores como exteriores, sendo éstes, amplos, seguros e de fácil acceso, permitindo ter unha experiencia plenamente satisfactoria e garantir a calidade da práctica educativa.
Así son os nosos centros
Superficie útil: máis de 300m2
Ambos centros contan con 61 prazas.
Aula 1: para nenos de 0 a 1 ano.
Aula 2: para nenos de 1 a 2 anos.
Aula 3 e 4: para nenos de 2 a 3 anos.
Aula de usos múltiples.
Aulas de convivencia (burbullas).
Vestiarios e baños adaptados.
Cociña.
Zona exterior con parque.
Servizos
Un servizo a destacar nos nosos centros, é o Servizo de Comedor.
Ofrecemos un servizo de comedor cuns menús equilibrados creados por unha experta en dietética e nutrición, que elabora os menús axeitándoos á idade dos nenos/as. Ademais, as Escolas Tranvía, pasan controis periódicos de calidade e seguridade alimentaria analizados pola empresa CYAS.
