Historia
Máis de 15 anos sendo un referente da educación infantil en Bueu.Como comezou todo
As Escolas Infantís Tranvía forman parte da Asociación Educativa Tranvía. Esta asociación sen ánimo de lucro leva máis de 15 anos adicándose ó coidado e educación dos nenos/as de 0 a 3 anos no Concello de Bueu. A Asociación, no ano 2.000 creou a súa primeira escola infantil (Tranvía I) na Rúa Xoan Carballeira Nº15, e no ano 2.007 abriu un segundo centro (Tranvía II) na Rúa Pazos Fontenla nº 84.
No 2.018, desenrolamos un proxecto para a creación dun novo centro na Rúa Matilde Bares nº 11 que sustituiría ó antiguo Tranvía I. Contando así, con 2 centros de 4 aulas cada un, distribuidos en aulas de 0 – 1 ano, de 1 – 2 anos e de 2 – 3 anos.

E. I. Tranvía I do Mar
Nova escola no centro de Bueu.
Tras pasar casi 20 anos dende a apertura da primeira escola, decidimos dar un paso máis, sustituíndo a antiga Tranvía I por unha nova escola sita na Rúa Matilde Bares nº 11 que, sen dúbida, vai dar un mellor servizo ás familias xa que conta cun espazo máis amplo, con máis e mellores recursos arquitectónicos e técnicos, e que lle permiten estar perfectamente adaptado ás necesidades dos máis pequenos.
Algunhas das características deste novo centro:
61 prazas para nenos de 0 a 3 anos
4 amplas e luminosas aulas
Sala de usos múltiples
Cociña, vestiario, recepción, almacén…
Baños adaptados para os nenos
Servizo de Comedor
Horario amplo
Parque exterior privado de máis de 200m2
Este novo centro vai contar cunha característica especial e distintiva, xa que vai estar vinculado directamente co mar. Nun pobo como Bueu, de alta tradición mariñeira, cremos na necesidade de educar ós máis pequenos sobre a biodiversidade mariña, os recursos do mar e, sobre todo, fomentar a súa conservación. Outro dos obxetivos fundamentais será a importancia dos avós dentro da familia.
Para logralo, están a colaborar con nós:



Tranvía
Escola Infantil de 0 a 3 anos.
Tranvía I
Rúa Matilde Bares, 11 - 36930 – Bueu (Pontevedra)
986 32 43 10
De Luns a Venres: 8.00h - 20.00h
Tranvía ii
Rúa de Pazos Fontenla, 84 - 36930 – Bueu (Pontevedra)
986 32 06 63
De Luns a Venres: 8.00h - 16.00h