Método
Programa Educativo
Nas escolas infantís Tranvía, temos un programa de ensinanza baseado no respecto ós iguais, ós pais, os avós e ó medio no que vivimos, onde o coñecemento faise mediante a experimentación, a observación e a manipulación.
Obxectivos fundamentais
Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas.
Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.
Facilitar a conciliación entre a vida familiar, persoal e laboral.
Respectar a singularidade e a diversidade de cada neno contribuíndo a formar actitudes tolerantes.
Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo un uso axeitado destes.
Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.
Posibilitar a integración progresiva dos nenos na cultura do seu medio.
Acadar o desenvolvemento das capacidades dos nenos nas dúas linguas oficiais de Galicia cara o seu uso como vehículo de comunicación. Procurando, ademais, a introdución da terceira lingua.

Avaliación
A avaliación é formativa, aberta, continua e global, permitindo adaptar o programa ás necesidades do grupo e de cada neno en particular, o que fai máis eficaz a práctica pedagóxica.

Avaliación Inicial
Cumpre unha función diagnóstica. Consta da recollida de información sobre o alumno.

Avaliación Contínua
Cumpre unha función orientadora. Indica a situación e progreso do alumno.

Avaliación Final
Cumpre unha función informativa. O seu fin é valorar e informar dos logros/resultados obtidos.
Comunicación coas familias
Comunicación Directa
Nos nosos centros, tratamos sempre de que a comunicación coas familias sexa directa e diaria, facendo tamén reunións trimestrais e, tendo ademais, reunións individuais cando os país o precisan.
App Tokapp School
Os centros tamén contan cunha aplicación Tokapp School para a comunicación das incidencias e o rexistro diario de observacións, descanso, alimentación e control dos esfínteres.
Axenda Diaria
Os nenos de 0 a 2 anos teñen, ademais da aplicación, unha axenda onde se reflexan todos os controis diarios cumprimentados polos pais e educadoras.
Tranvía
Escola Infantil de 0 a 3 anos.
Tranvía I
Rúa Matilde Bares, 11 - 36930 – Bueu (Pontevedra)
986 32 43 10
De Luns a Venres: 8.00h - 20.00h
Tranvía ii
Rúa de Pazos Fontenla, 84 - 36930 – Bueu (Pontevedra)
986 32 06 63
De Luns a Venres: 8.00h - 16.00h